Mundo Sonoro
Escola infantil de música fundada por Óscar Prieto e Óscar Dávila na cidade de Vigo. A súa filosofía de traballo é a de formar ao neno dun xeito participativo, procurando que aprenda e goce xogando ao mesmo tempo. A partir dos seis anos xa se familiariza co instrumento. A nosa proposta de marca fundaméntase no propio xogo de cortar e pegar, creando un logotipo de carácter irregular como o que podería facer un neno cunhas tesoiras.