Arte Moaña
O segundo andar da praza de abastos do concello de Moaña, despois da súa rehabilitación, vai ser empregado como espazo expositivo e centro cultural. Con motivo da súa reapertura, o artista Xulio Lago organiza unha mostra colectiva de arte contemporáneo que recolle a obra de vinte e catro autores locais.