Estudio

Martiño Villaverde Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2001. Completa a súa formación en deseño gráfico e editorial na Universidad Politécnica de Valencia e no Rexional Art College de Limerick, Irlanda. Obtén o título Especialista Profesional en Diseño Creativo, impartido pola UPV. Traballa desde o 2002 en varias axencias de publicidade e estudos de deseño gráfico de Valencia. Cun perfil creativo e multidisciplinar dirixe proxectos de comunicación, publicidade, Internet e audiovisual.

Marcela Orozco Deseñadora industrial pola Universidade Autónoma de Aguascalientes, México. En 2003 obtén un máster en Deseño, Xestión e Desenvolvemento de Novos Produtos pola Universidade Politécnica de Valencia. Traballa en axencias de publicidade como executiva de contas e dirección de marketing. En 2008 establécese en Galicia cofundando o seu propio estudio de deseño.

Traballamos sempre dende o coñecemento en profundidade do cliente e das súas necesidades de comunicación, para ofrecer as solucións máis adecuadas. Para nós cada esforzo, cada investimento por pequeno que sexa, debe servir para construír identidade. Creemos nun deseño atemporal, único, orixinal e cheo de sutilezas conceptuais. Gústanos aprender da experiencia dos nosos clientes, axudarlles a clarificar os seus obxectivos e traballar xuntos para conseguilos; creando novas ideas e deseñándoas para a súa reprodución en calquera medio.

Nun mundo cada vez máis global e homoxéneo fuximos da superficialidade conceptual que sofre o deseño. Empregamos múltiples linguaxes e recursos para traballar sempre co respecto, rigor e a responsabilidade que este oficio merece.

Martiño Villaverde

Marcela Orozco